Xeadaría: Rocambolesc Gelateria
Gourmet Experience
Rocambolesc pretende ser unha fiestra aberta á cociña de El Celler de Can Roca para que o gran público poida coñecer o que se coce nela; é un establecemento onde experimentar as doces sensacións de El Celler. O produto esencial son os xeados: seis tipos diferentes, en cucurucho ou en tarro, combinados con ata 34 divertidos toppings para que así cada un poida configurar o seu xeado ao seu gusto. Aínda que contamos cunha recomendación para cada sabor, xa que cada un dos sabores de xeado que temos fai referencia a algunha das sobremesas de Jordi.